Fernando Blanco e Bieito Lobeira, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presentaron unha pregunta (solicitando resposta por escrito) en relación co uso de topónimos deturpados no apeadoiro de Cabanas, feito denunciado por Galiza Nova.
O ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), empresa pública estatal encargada da xestión do tránsito nos camiños de ferro, ven de instalar recentemente no apeadoiro do Concello de Cabanas, unha marquesiña na que figuran en grandes caracteres e nos dous sentidos de circulación os topónimos deturpados "Cabañas" e "Arenal".
É evidente que esta actuación vulnera a legalidade vixente, comezando pola Lei de Normalización Lingüística.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas, para a súa resposta escrita:
1) Que avaliación realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a utilización de topónimos galegos deturpados por parte de ADIF, no noso propio país?
2) Que medidas concretas se adoptarán para permitir que no apeadoiro de Cabanas se cumpra a legalidade lingüística?
Haberá que agardar agora cal vai ser a resposta do Parlamento de Galiza. Pola súa banda, dende o Concello de Cabanas inda non houbo resposta á pregunta presentada por escrito por parte de Galiza Nova...
3 comentários:
Se agardades que vos contesten dende o concello, xa podedes esperar sentados....
Hai que darlles caña. Coa lingua non se xoga!
vergonzoso compañeiro ! estes temas de toponimia poñenme a ferver!Non fai moito , un par de dias mais concretamente tiven unha disputa nun coñecido foro , forocoches.com por que un tio dicia que tiña que poñer La Coruña ,como non.
Tendes todo o apoio dende O Ribeiro!
Postar um comentário