segunda-feira, 16 de agosto de 2010
Día da Galiza Mártir en Ferrol
quinta-feira, 22 de julho de 2010
Homenaxe a Rosalía de Castro e Castelao
O acto terá lugar o vindeiro 24 de xullo a partires das 17.30h no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval. Este ano o acto cobra unha especial relevancia, pois cúmprese o 125 cabodano de Rosalía de Castro.
Durante eo evento leranse diferentes fragmentos da poetisa de Padrón e o rianxeiro, coa colaboración de María do Pilar García Negro, Guillerme Ignacio Costa, Comba Campoy, Uxío Novo Rei e Federico Pérez. Así mesmo, contaremos tamén coa actuación musical do Coro da Asociación musical Solfa, de Santiago de Compostela, e coas intervencións de Guillerme Vázquez, Voceiro nacional do BNG, e de Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova. Para rematar cantaremos o noso himno nacional co acompañamento de Iván Area á gaita. Agardámoste!!
domingo, 17 de janeiro de 2010
Galiza Nova participou onte da pegada de Queremos Galego en Ferrol
Galiza Nova participará nun debate sobre o borrador do Decreto en Ferrol
Este borrador, presentado polo goberno de Núñez Feijóo o pasado 30 de decembro, pretende reducir a presenza do galego no ensino, escenificando o maior retroceso de toda a democracia no que ten a ver coa normalización da nosa lingua.
Marcos Loureiro, Vicerresponsábel Comarcal de Galiza Nova, debatirá con María Torres, Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas e Javier Acosta, Presidente de Novas Xeracións de Narón
sábado, 16 de janeiro de 2010
Pegada de cartaces diante da Xunta
No acto participarán Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Mateo Verdeal, Responsábel dos Comités en Ferrol, Xiana Rico, Responsábel da Mocidade pola Normalización Lingüística, Carlos Outeiro, Voceiro da Plataforma Queremos Galego e Julián Reina, Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas en Ferrol.
terça-feira, 29 de dezembro de 2009
Galiza Nova participou hoxe do envío de postais a Feijóo
Fran Rei e Carlos Outeiro, voceiros da Plataforma, fixeron entrega das máis de 700 postais reivindicativas na oficina central de Correos.
Galiza Nova participará mañá ademais na concentración que terá lugar ás 17.00h na Praza do Obradoiro.
segunda-feira, 28 de dezembro de 2009
Concentración en Ferrol e acto nacional en Compostela
A primeira delas terá lugar mañá martes 29 de decembro ás 11.00h diante da oficina de Correos de Ferrol e consistirá nunha concentración previa ao envío masivo das postais de Nadal reivindicativas. O acto contará coa presenza de Fran Rei, Voceiro Nacional da Plataforma.
Ademais, e neste mesmo sentido, convócase para o mércores 30 ás 17.00h unha concentración nacional na Praza do Obradoiro de Compostela.
Acude!
domingo, 16 de agosto de 2009
Intervencións políticas no Día da Galiza Mártir
Velahí as intervencións políticas:
Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova
Francisco Rodríguez, membro da Executiva Nacional do BNG
quinta-feira, 13 de agosto de 2009
Día da Galiza Mártir en Ferrolterra

Visualizar o mapa ampliado
quinta-feira, 23 de julho de 2009
Galiza Nova homenaxea a Rosalía e Castelao
Como vén sendo habitual, Galiza Nova celebrará o vindeiro 24 de xullo ás 17.30h no Panteón dos Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval (Compostela) unha homenaxe a Rosalía e Castelao.Para lembralos, no acto leranse fragmentos das súa obra por parte de Anxo Angueira (profesor de lingua e literatura e escritor) Paula Carballeira (actriz), Carlos Blanco (actor) e Guadi Galego (artista e profesora da Central Folque).
Así mesmo tamén actuará o músico Miro Casabella e intervirán Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, e de Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG.
Para rematar cantaremos o himno nacional acompañados de Iván Area e Pablo Carpintero.
Contamos coa túa asistencia!
sexta-feira, 29 de maio de 2009
Galiza Nova organiza en As Pontes un debate sobre o Plan Boloña
Que é Boloña? Privatízase a Universidade Pública?
Para dar resposta a estas e outras moitas cuestións, as compañeiras e compañeiros de Galiza Nova en As Pontes organizan hoxe unha charla-debate sobre este tema tan relevante e do que pouco se coñezo.
Para ilo, contarán coa presenza de Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités, Elena Sierra, Vicerreitora de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade da Coruña e Xulio Ferreiro, Responsábel Nacional da CIG-Ensino.
Terá lugar na Casa Dopeso de As Pontes a partir das 20.00h deste serán.
quarta-feira, 29 de abril de 2009
Galiza Nova asiste á celebración do 25 de abril en Portugal
A pasada fin de semana tiveron lugar unha serie de actividades conmemorativas do 25 de abril, data na que o pobo portugués xunto co apoio militar conseguía pór fin ao réxime fascista de Salazar.A nosa Organización, coa representación da Secretaria Xeral, Iria Aboi, estivo presente nos actos organizados na cidade de Ovar, distrito de Aveiro, pola comisión promotora dos eventos conmemorativos da Revolución dos Caraveis impulsada fundamentalmente polo sindicato portugués CGTP.
quinta-feira, 8 de janeiro de 2009
Convención Electoral do BNG
Neste acto, o Bloque Nacionalista Galego presentará á sociedade a súa candidatura ás Eleccións Autonómicas 2009.
Visualizar o mapa ampliado
Concentración en solidaridade co pobo palestino
Galiza Nova, xunto con outras moitas organizacións, participará mañá na concentración que baixo o lema "Deteñamos o terrorismo sionista" servirá para amosar a nosa solidaridade co pobo palestino.
Dita concentración terá lugar ás 20.00h diande do edificio da Xunta de Galiza de Ferrol. Agardamos contar coa túa presenza!
domingo, 28 de dezembro de 2008
Éxito do I Campionato de Futbolín Unha Nación Unha Selección!
O I Campionato de Futbolín do Eume organizado polas asembleas locais de Galiza Nova en Cabanas e Pontedeume, que tivo lugar o pasado venres no bar El Griego foi todo un éxito.Un total de 16 parellas participaron deste campionato, pero foron máis as que quixeron inscribirse a última hora, ás que non puidemos acoller por razóns de organización.
Dado o éxito e interese mostrado pola mocidade dos arredores, o vindeiro ano celebrarase unha nova edición na que teremos en conta estas peculiaridades para que todo o mundo que quixer poida participar.
Resultados
As parellas foron divididas mediante sorteo en catro grupos de catro parellas cada un. Clasificouse a primeira de cada grupo tras xogar unha liga. Os catro clasificados loitaron polo primeiro posto mediante eliminatorias.
Os vencedodres desta edición foron Iago Castro e Fran Iglesias. O segundo posto copáronno Raúl Calvo e Luís Tenreiro. En terceiro lugar quedaron Carlos Cernadas e Damián Amado.
As tres parellas foron agasalladas con 2 entradas para o partido Galiza-Irán. Ademais os terceiros clasificados levaron 2 fundas de móbil. A segunda e a primeira parella levaron tamén 2 camisolas e, esta última, un trofeo.
Podes descargar na seguinte ligazón todos os resultados do I Campionato de Futbolín do Eume "Unha Nación, Unha Selección": CLIC AQUÍ
quinta-feira, 25 de dezembro de 2008
XX anos de Galiza Nova en exposición
A exposición permanecerá na propia Casa da Mocidade de Narón entre os días 26 e 29 de decembro no horario habitual de apertura do centro
segunda-feira, 15 de dezembro de 2008
Anótate no I Campionato de Futbolín "Unha Nación Unha Selección!"
Galiza Nova Cabanas, en colaboración cos compañeiros e compañeiras de Pontedeume, organiza o venres 26 de decembro ás 20:00 horas no bar “El Griego” de Pontedeumeo I Campionato de Futbolín “Unha Nación, unha selección!”.
O motivo deste campionato é ben sinxelo, non é outro que o de reclamarmos o dereito para que a selección da nosa nación, Galiza, poida competir a nível internacional, é dicir, nas competicións que organiza a FIFA, nin máis nin menos do que outras seleccións de nacións e rexións sen Estado, coma Gales, Escocia ou as Illas Féroe. Máis aínda, cando a imposibilidade xurídica non é insalvábel. A FIFA admitirá á nosa selección só con que a Federación Española de Fútbol levante o veto á participación das seleccións das nacións que hoxe configuran o Estado nas súas competicións.
Deste xeito, só unha decisión federativa da RFEF, nada máis (e nada menos) separa á nosa selección de competir no mundo, mais tamén nos separan os rexos mecanismos centralistas que o Estado Español engraxa cada día.
Por iso, e para visibilizar a nosa posición que mellor que facelo dunha forma lúdica e cun invento galego: o futbolín, do gran Alexandre de Fisterra.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar calquera persoa que así o desexar, sen límite de idade. Alén diso, a composición das parellas é libre, é dicir, os membros poderán ser dun mesmo sexo ou mixtas.
COMO ANOTAR A MIÑA PARELLA?
Podes anotar a túa parella mandando un correo electrónico ás seguintes direccións:
galizanovacabanas@gmail.com ou gznovapontedeume@gmail.com
onde deben constar os seguintes datos:
- Nome e Apelidos de cada membro da parella
- Un número de teléfono
- Unha dirección de correo electrónico
Tamén podes anotar a túa parella chamando a un dos seguintes teléfonos:
690 384 294 ou 654 666 558.
Os 2 euros que custa a inscrición será entregada o mesmo día do Campionato.
QUE PREMIOS HAI?
1º Premio:
1 trofeo acreditativo de seren os vencedores do Campionato
2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor
2 camisolas
2º Premio:
2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor
2 camisolas
3º Premio:
2 entradas para o encontro da selección galega en Riazor
2 fundas “Galiza” para o móbil
Alén diso, haberá un agasallo para todos os participantes.
Sen máis, desde Galiza Nova de Cabanas e Pontedeume agardamos que te sumes a participar deste I Campionato de Futbolín “Unha Nación, unha selección!” para reclamarmos así os lexítimos dereitos da nosa Selección.
Vémonos o venres 26 de decembro ás 20:00 horas no bar “El Griego”!
sexta-feira, 14 de novembro de 2008
26 de novembro, folga estudantil: PAREMOS AS AGRESIÓNS CONTRA O GALEGO
Hai dous anos xa houbo un paro xeral nos institutos para reivindicarlle á Consellaría de Educación que tomase medidas en defensa do galego no ensino. O éxito desa folga, coa participación de máis de 60.000 estudantes segundo datos oficiais, foi fundamental para que a Consellaría de Educación tivese que elaborar unha nova norma de galeguización do ensino, o decreto 124/2007. Comezado un novo curso, vemos con preocupación como se esfarelan as boas expectativas que había sobre a aplicación deste decreto. A realidade é que:
- Na maior parte dos centros non se cumpre coa lexislación;
- a Consellaría de Educación aínda non fixo públicos datos nin avaliacións reais sobre o grao de aplicación do decreto no curso pasado (malia o propio decreto indicar que ten que facerse);
- seguen sen pórse en funcionamento as medidas e os medios demandados desde a comunidade educativa.
Todos os adiantos experimentados pola nosa lingua foron sempre froito da reivindicación, moitas veces protagonizada pola xente nova. Visto que é a saída que nos deixan, dende Galiza Nova, a Mocidade pola Normalización Lingüística e os Comités facemos un chamamento a parar as aulas o vindeiro 26 de novembro. Pararemos a inactividade da Consellaría de Educación. Pararemos as agresións ao idioma de Galiza.
Preocúpanos moito tamén a vaga de declaracións e accións contra a lingua do país que se están producindo case a diario desde os sectores máis reaccionarios. Teledirixidos por poderosos grupos económicos, políticos e mediáticos de fóra de Galiza, din defender cinicamente o “bilingüismo” e a “liberdade” cando na realidade só pretenden seguir marxinando o noso idioma, mantelo desamparado e, finalmente, facelo desaparecer.
Pararemos os institutos para dicirlle a eses grupos que os estudantes de Galiza defendemos o noso idioma. Falemos castelán ou falemos galego, queremos que se tomen medidas de apoio a un vínculo que nos une como galegas e galegos, que é unha riqueza común e un patrimonio para a humanidade.
Contra estes ataques que nos queren negar a voz e os dereitos tamén é necesario que nos movamos. Digámoslles que a inmensa maioría das galegas e dos galegos desexamos para o galego o mellor dos futuros. Porque garantir o futuro da nosa lingua é garantirmos o noso propio futuro.
terça-feira, 26 de agosto de 2008
Éxito do concerto de Galiza Nova!
As actuacións musicais dos grupos The Arradios, chegados dende San Sadurniño, e Arenga, de Pontedeume, animaron a toda a mocidade da comarca que se achegou até a Sala Coliseo para desfrutar da música dos dous grupos.
E como cabía esperar, non defraudaron. O público estivo todo o tempo que durou o concerto animado e participando activamente da festa. Mesmo houbo quen se animou a facer os coros!
Dende Galiza Nova queremos agradecer á mocidade da comarca que este concerto fose un éxito, e que supón o primeiro dos actos lúdicos e políticos cos que Galiza Nova celebra o 20 aniversario da súa fundación na comarca!
quarta-feira, 13 de agosto de 2008
Acto en San Marcos, 21 de agosto
Co gallo do aniversario do Mitin de San Marco, en recordo do agrarismo solidario galego de Cabanas, o BNG celebrará unha serie de actos o vindeiro xoves 21 de agosto
ACTO POLÍTICO (Xunto á capela de San Marco).
16.30h. Intervencións dos representantes dos grupos municipais do BNG de Fene e Cabanas
ACTO VECIÑAL (Lavandeira, pavillón polideportivo)
18.40 h APERTURA DAS MESAS. Proxección de vídeos informativos: Unidades de Xestión Forestal e BANTEGAL.
19.00 h MESA RURAL
- Olga Mª García Agra (Delegada da Consellaría de Medio Rural). Avanzando cara a un novo rural galego. Achega de materiais informativos.
- Xoán Carlos Bascuas Xardón (Delegado da Consellaría de Vivenda e Solo). A vivenda, un dereito para tod@s. Achega de materiais informativos.
20.30 h MESA DO EUME
- O río Eume visto polos propietarios e pescadores

