Como vos estivemos comentando dende este blogue e o das compañeiras e compañeiros de Galiza Nova de Pontedeume, o pasado venres 22 celebramos o concerto do 20 aniversario de fundación da organización xuvenil do BNG.
As actuacións musicais dos grupos The Arradios, chegados dende San Sadurniño, e Arenga, de Pontedeume, animaron a toda a mocidade da comarca que se achegou até a Sala Coliseo para desfrutar da música dos dous grupos.
E como cabía esperar, non defraudaron. O público estivo todo o tempo que durou o concerto animado e participando activamente da festa. Mesmo houbo quen se animou a facer os coros!
Dende Galiza Nova queremos agradecer á mocidade da comarca que este concerto fose un éxito, e que supón o primeiro dos actos lúdicos e políticos cos que Galiza Nova celebra o 20 aniversario da súa fundación na comarca!
Um comentário:
Parabéns polo concerto rapaces! Estivo moi ben! Eu só coñecía aos Arenga, pero os Arradios tamén me gustaron moito!
Adiante, e a facer máis cousas!
Postar um comentário