Galiza Nova, organización das mocidades do BNG, e organización maioritaria do nacionalismo xuvenil galego, presentou esta mañá no local comarcal do BNG de Ferrol ao novo Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Iago Varela Martínez, un mozo de 22 anos de Cabanas, que foi elixido para desempeñar tal cargo na asemblea que a formación nacionalista celebrou o pasado luns.
Iago Varela, que estivo acompañado do Responsábel Comarcal de Organización, Marcos Sánchez, destacou o traballo de Galiza Nova na comarca na defensa do sector naval (Plan Ferrol, que supuña a volta de ASTANO á construcción naval civil).
A nivel local, Varela precisou que Galiza Nova conta na comarca con “presenza activa” en concellos coma Narón, Ferrol, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Cerdido e Cedeira, e engadiu “o obxectivo que nos marcamos, é o de seguir ampliando a nosa base social, para poder incidir en maior medida na vida política da comarca, en beneficio da mocidade”.
En palabras do novo Responsábel Comarcal, “O cambio no goberno galego supuxo unha renovación nas políticas xuvenís, que por primeira vez foron feitas con, e para a mocidade”. Varela pensa que “en Ferrolterra é preciso acadar unha maior implicación dos concellos na ampliación de espazos para uso xuvenil, na mellora do transporte inter e intramunicipal, nas políticas de lecer, nas participativas, etc.”.
Galiza Nova comeza pois unha nova etapa na comarca, que nun futuro inmediato vai estar marcado polo 20 aniversario da formación, motivo polo cal se organizarán distintas actividades (charlas, concertos...).
Os mozos do BNG informaron, asimesmo, da súa participación activa no Festigal e na manifestación do Día da Patria.
Podes escoitar unha parte das súas declaracións AQUÍ.
4 comentários:
Parabéns a Iago Varela pola súa elección como responsábel comarcal, e ánimo para continuar coa laboura de Galiza Nova en Ferrolterra.
Un saúdo!
Parabéns Iago! agardo que a túa elección, sumada á vontade de traballo dos militantes da comarca, sirva para que a comarca de Ferrolterra, histórica e imprescindíbel no nacionalismo galego, siga exercendo un papel fundamental, á par que necesario, na transmisión e espareximento do nacionalismo entre a xente nova.
Eu, como militante desta comarca, infórmote de que contas con todo o meu apoio aínda que outros eidos poidan minguar un bocadiño as miñas achegas.
Un saúdo!
Parabéns Iago!
Sei que estades a facer unha inmensa labor no concello, é preciso.
Agardo que traslades a toda a comarca a mesma ilusión que pos en Cabanas
Parabens, entre todos habemos afianzar a base social do nacionalismo xuvenil nesta comarca.
Un saúdo!
Duarte
Postar um comentário