Sen entrar a dicir nada sobre o non apoio do PP de Cabanas (xunto con AEC e IVC) ao manifesto Polo dereito a vivirmos en galego do que moito temos falado estes días atrás, agora resulta que na propia web do PP de Galiza non respetan nin tan sequera a toponimia legal do País, usando a forma "castelanizada" do nome do noso concello: Cabañas.
Así, na sección de historia (podedes ampliar a imaxe facendo clic nela), aparece que un dos congresos locais do PP da provincia de A Coruña tivo lugar en "Cabañas, en febreiro de 2008".
Dende Galiza Nova de Cabanas entendemos este xesto como unha falta de respeto ao noso idioma e ao noso concello, polo que poremos todo o noso empeño en correxir ese erro grave.
EDITADO: Máis sobre o galego en Cabanas {clic aquí}
2 comentários:
é unha vergoña
Por cousas coma estas ten máis senso do que nunca que se tivese creado o grupo de traballo do Baixo-Eume que agrupa os concellos de Pontedeume e Cabanas para traballar a prol da restauración do noso idioma.
Saúdos a Cabanas e non a Cabañas porque eu esa vila non a coñezo!
Postar um comentário