Dende a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no marco da campaña de Verán 2008, queremos presentarvos unha serie de actividades de tempo libre específicas para maiores de 18 anos e até os 35 como máximo.
Condicións
- Os/as posuidores/as do carné xove ou carné máis terán un 25% de desconto sobre os prezos de folleto
- Os/as posuidores/as de título de familia numerosa teredes un 50% de desconto.
- Ambos descontos non son acumulábeis.
- Os desprazamentos até as instalacións correrán pola conta dos interesados.
Reserva de prazas
Só se poden reservar 2 prazas.
As reservas pódense facer a partir do 25 de marzo, ben persoalmente ou ben por teléfono na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e nos servizos de xuventude nas delegacións provincias da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Unha vez efectuada a reserva, teredes 24 horas para presentar en calquera das devanditas oficinas admistrativas a seguinte documentación:
- Xustificante do pagamento
- Fotocopia do Documento de Identidade
- Fotocopia do carné xove/máis, se procede
- Xustificante de familia numerosa, se procede
3 comentários:
hola!
entrei neste blog de pura casualidade, pero a verdade é que a información está moi ben! se seguides por esta línea ides polo bo camiño!
saúdos!
Bravo!
A información moi ben exposta!! Da gusto!!
Felicidades!! E ánimo!!
:D
Interesante (L)
Postar um comentário